Coñece como era a vida na Mariña no século XVI a través do seu galeón máis famoso

Ribadeo inaugura a exposición sobre o galeón de Ribadeo con fotografías que amosan todo o proceso de investigación, as pezas atopadas e o seu contexto histórico.

Buzo quita fotos do galeón Santiago, afundido en Ribadeo. FOR SEA DISCOVERY

O galeón de Ribadeo. Unha vista ao século XVI” é unha desas exposicións que calquera mariñán non se pode perder para coñecer o que foi a historia desta comarca.

A mostra, inaugurada este martes, poderase visitar ata o vindeiro 4 de xullo. Trátase dunha mostra das fotografías tomadas no curso da investigación que se leva a cabo na ría de Ribadeo desde hai varios anos.  Durante a presentación, o arqueólogo investigador Miguel San Claudio recordou que este é un dos grandes xacementos localizados ata o momento da súa época e que está a achegar unha importante información arqueolóxica, relevante pola súa exclusividade.

Exposición sobre o galeón de Ribadeo / Faro Norte

INVESTIGACIÓN CONXUNTA

O estudo do galeón de Ribadeo é unha actividade científica na que están implicadas diversas administracións, entidades científicas e equipos de investigación de diferentes institucións e países, que inclúe, entre outros aspectos, unha sistemática documentación de todo o labor de estudo que se está a desenvolver.

Pola súa banda, a edil de Cultura, Otero Cabarcos dixo que as imaxes amosan tanto o proceso de estudo e investigación como as pezas e mesmo obxectos cotiáns da vida a bordo que se recuperaron, etiquetaron e inventariaron. “Isto ofrece unha visión única sobre a vida a bordo dun galeón español do século XVI e, sobre todo, sobre o traballo de investigación que se ven levando a cabo na ría de Ribadeo”, sinalou.

A exposición estará aberta ata o día 4 de xullo nos horarios de apertura da oficina de turismo, todos os días de dez a dúas e de catro a sete. Está previsto que, ao rematar, as fotografías poidan verse nas instalacións do Club Náutico de Ribadeo”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here