O Pesca-II rescata a dous turistas atrapados nas Catedrais tras subir a marea

Chamaron ao 112 tras non poder saír dunha cova pola suba da marea.

O helicóptero Pesca II. AXM

Dúas persoas tiveron que ser rescatadas en helicóptero polos efectivos de emerxencia ao resultar atrapadas nunha zona rochosa tras verse sorprendidos pola subida da marea mentres se atopaban na praia das Catedrais, en Ribadeo.

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, ao redor das 14,00 horas deste luns, a central de emerxencias recibiu unha chamada para pedir axuda. Relataba que se atopaba xunto con outra persoa illado no interior dunha cova aberta do areal, da que non podían saír pola subida do mar.

A central do 112 puxo o caso en coñecemento dos efectivos de emerxencia. Finalmente foi o helicóptero de rescate Pesca-II o que interveu para rescatar a estas dúas persoas, que se atopaban nunhas pedras accesibles polo aire.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here