InicioOrientalRibadeoDetido por roubar pastores eléctricos nunha leira de Ribadeo

Detido por roubar pastores eléctricos nunha leira de Ribadeo

Foi localizado por un GPS que levaba o aparello.

Publicada o

- Advertisement -

Un veciño de Lugo foi detido pola Garda Civil como presunto autor dun delito de furto de dous pastores eléctricos en leiras da parroquia da Devesa, no municipio lucense de Ribadeo.

Así mesmo, segundo informa a Garda Civil, están investigados un veciño de Bóveda e outro de Lugo por receptación, ocultación dos obxectos subtraídos e a súa posterior venda.

Os feitos ocorreron o pasado 12 de xuño, cando se subtraeron ambos os pastores eléctricos de dúas leiras. Un deles contaba con GPS, o que fixo que os axentes puidesen rastrexar o obxecto ata dar co presunto ladrón.

E é que o pastor eléctrico foi atopado nunha vivenda de Bóveda á que foi a parar un dos obxectos roubados. Tanto o autor do furto como os dous investigados foron postos a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...