InicioOrientalRibadeoRibadeo ofrecerá percorridos guiados para coñecer o patrimonio natural e cultural

Ribadeo ofrecerá percorridos guiados para coñecer o patrimonio natural e cultural

A novidade deste ano son dúas visitas teatralizadas que se suman ao programa que oferta o Concello de Ribadeo.

Publicada o

- Advertisement -

A Área de Economía, Turismo e Desenvolvemento Local organiza este verán 10 percorridos guiados para descubrir o patrimonio natural e cultural de Ribadeo. O Concello de Ribadeo ofrecerá rutas de balde para todos os públicos dende xullo a setembro, 4 delas de carácter natural, 4 roteiros culturais e 2 visitas teatralizadas.

O concelleiro de Turismo e desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, destacou os percorridos guiados, novidade da programación deste ano, “como o do Ribadeo Antigo, co que nos trasladaremos a tempos pasados. Tamén temos novas Xeorutas”. Pola súa banda, o edil ribadense, Fernando Suárez, sinalou as visitas teatralizadas como “produto estrela”. 

Coas xeo-rutas, darase unha ampla visión do importante xeolóxico pesente no litoral da zona, coa Xeo-ruta dos Arcos, a da Ría, a dos Pregues, para mostrar unha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña Lucense, ou a Xeo-ruta dos Ollos na que se visitará o pobo mariñeiro de Rinlo. Nas rutas culturais, haberá visitas guiadas ao Santuario de Nosa Señora das Virtudes, a rutas “Ribadeo indiano”, “Ribadeo ilustrado” e “Ribadeo antigo”. A estas súmanselle as visitas teatralizadas ao Camiño do Encanto e ao Ribadeo Ilustrado da man do grupo de teatro Os Quinquilláns.

As rutas son todas de balde e limitadas, polo que é preciso reservar con antelación na páxina web de Turismo de Ribadeo. O pragrama presentouse este 1 de xullo e no acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de turismo e Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, e a técnica de Turismo do Concello ribadense, Begoña García.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...