InicioOrientalRibadeoOito viaxes diarias para desfrutar do tren turístico de Ribadeo

Oito viaxes diarias para desfrutar do tren turístico de Ribadeo

Estará dispoñible ata medidados de setembro.

Publicada o

- Advertisement -

O venres 2 de xullo foi presentada a nova tempada do tren turístico de Ribadeo, que funcionará ata mediados de setembro, ofrecendo oito viaxes diarias para achegar os visitantes aos enclaves máis emblemáticos da vila.

O concelleiro de Turismo do Concello de Ribadeo, Pablo Vizoso, expuxo que “é unha actividade moi complementaria que é moi ben recibida tanto polos turistas como polos veciños de Ribadeo”. O tren, que está en funcionamento todos os días, fai un percorrido polo centro de Ribadeo, polo porto e chega ata o faro da illa Pancha, onde fai unha parada para poder sacar fotografías. Á volta pasa pola súa de San Roque, unha das máis emblemáticas de Ribadeo.

Vizoso salientou que “como unha das súas características importantes, hai que reseñar que, ao longo do percorrido, os usuarios poden desfrutar dunha alocución que lles vai dando unha imaxe e información sobre a realidade urbanística e histórica de Ribadeo”. Por último, o propietario da empresa que xestiona o tren, José Antonio Neira, destacou que no 2021 se van manter os prezos: 4 euros para nenos, 5 euros para os maiores de 65 anos e 6 euros para os adultos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...