Ribadeo quere potenciar o importante papel que tivo durante a Ilustración

Este mes ten lugar a primeira edición do Ribadeo Ilustrado.

Ilustración da portada do libro'Tráfico Comercial en Ribadeo'

Ribadeo quere poñer en valor outra importante parte da súa historia. O 15 de xullo terá lugar a primeira edición do Ribadeo Ilustrado, que xurde coa idea de seguir potenciando a vila como un referente turístico e destacar a importancia que tiña este enclave como terra de mariñeiros, pescadores, navegantes, así como, facer fincapé na importancia que durante os séculos XVIII e XIX tivo o porto comercial.
Nesta primeira edición, que terá un formato reducido debido á situación sanitaria actual, o cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez pronunciará unha conferencia no Salón de Plenos do Concello titulada Desde a Ilustración ao devalo da vela: sociedade e tecido comercial en RibadeoSerá o vindeiro xoves ás 19:30 horas e despois haberá unha visita teatral polo Ribadeo Ilustrado, a cargo de Os Quinqulláns.
No acto de presentación do evento participaron o alcalde, Fernando Suárez, o cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez, e o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here