InicioOrientalRibadeoA ribadense Ana Iglesias Sobrina, subcampioa de Rugby 7 coa selección galega

A ribadense Ana Iglesias Sobrina, subcampioa de Rugby 7 coa selección galega

O alcalde de Ribadeo e o concelleiro de Deporte recibiron á subcampioa na Casa do Concello.

Publicada o

- Advertisement -

A deportista ribadense Ana Iglesias Sobrino é unha das xogadoras de rugby 7 da selección galega, que quedou sucampioa no campionato de España. A Casa do Concello recibiu á deportista, que deu as grazas pola boa acollida do concello.

Ana Iglesias Sobrino comentou que “agora estamos cos torneos de verán e a partir de agosto empezarei a pretempada para despois volver ás competicións”.

O concelleiro de Deportes, Jorge Días, quen desculpou que a concelleira de Igualdade non estivese presente, agradeceu o esforzo de Ana Iglesias e “que leves o nome de Ribadeo a onde vas”. Tamén comentou que o agasallo que lle entregaron foi elaborado á man pola Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña e reproduce o faro da illa Pancha.

Pola súa banda, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, destacou o empeño de Ana Iglesias “en seguir demostrando que es das mellores a nivel galego e nivel de estado”. “É para nós unha honra recibirte unha e outra vez, e todas as que fagan falta. Temos que cambiar o trofeo para que non os teñas repetidos, pero para nós é unha honra que leves o nome de Ribadeo tan ben por aí adiante”, concluíu Fernando Suárez.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...