O Pequeno Nicolás condenado a 3 anos polo “caso Ribadeo”

O tribunal declara atenuantes de anomalía psíquica e dilacións indebidas.

O 'pequeno' Nicolás. EFE

Francisco Nicolás Gómez Iglesias, máis coñecido como ‘O Pequeno Nicolás’, foi condenado a 3 anos de cárcere por delitos de usurpación de funcións públicas e suborno activo, aínda que se lle apreciou unha atenuante por anomalía psíquica, pola viaxe que fixo en agosto de 2014 a Ribadeo facéndose pasar por un contacto entre Goberno e Casa Real.

En concreto, a Sección 17 da Audiencia Provincial de Madrid impuxo a Francisco Nicolás unha pena de 9 meses de prisión como autor dun delito de usurpación de funcións públicas coas atenuantes de anomalía psíquica e dilacións indebidas, e doutros 2 anos e 3 meses de cárcere por suborno activo, apreciando as mesmas atenuantes.

Durante o xuízo, Gómez Iglesias sostivo que o seu obxectivo non era finxir que era unha autoridade oficial, senón aparentar que era “unha persoa importante” para impresionar ao presidente de ALSA, Jorge Cosmen, con quen programara unha reunión que tivo lugar o 13 de agosto de 2014 no Club Náutico de Ribadeo. “Quería tirarme o pisto”, dixo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here