InicioOrientalInvestigan a un veciño de Ribadeo por tentar retirar diñeiro dun caixeiro...

Investigan a un veciño de Ribadeo por tentar retirar diñeiro dun caixeiro cun cartón subtraído a un médico

Acúsano dun delito continuado de furto.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil imputou como investigado a un home veciño do municipio de Ribadeo por tentar retirar diñeiro dun caixeiro cun cartón de crédito que subtraera a un médico no centro de saúde da localidade.

Segundo informou o Instituto Armado, imputou en calidade de investigado a un veciño de Ribadeo de 39 anos de idade como presunto autor dun delito continuado de furto.

Por mor da investigación efectuada foi identificado o presunto autor da subtracción de varios efectos no interior do centro de saúde da localidade de Ribadeo.

O presunto autor dos feitos tentou, ademais, realizar unha retirada de diñeiro nun caixeiro cun cartón subtraído previamente a un facultativo médico do centro.

A persoa investigada en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...