InicioDeportesRibadeo presume de medallistas olímpicos

Ribadeo presume de medallistas olímpicos

Ribadeo recibe aos medallistas no pasado Campionato de España de Remo Olímpico 2021, celebrado en Bañolas.

Publicada o

- Advertisement -

O salón de plenos acolleu a recepción ofrecida polo Concello aos medallistas no pasado Campionato de España de Remo Olímpico 2021, celebrado en Bañolas: Irene García, Antón Balsa, Mateo Monteserin e Conrado Lara. No acto a estes deportistas do Club de Remo de Ribadeo participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez, e o técnico de Deportes, Iván López.

Hai que recoñecer o labor dos adestradores, dos país, das nais e das familias e por ir moldeando esta marabilla de nenos e de nenas que nos últimos tempos non deixan de darnos alegrías porque están poñendo o nome de Ribadeo moi alto cada pouco, para ben ademais”, dixo o rexedor, Fernando Suárez.

Pola súa banda, a concelleira de Igualdade quixo agradecer “o traballo, o tesón e o esforzo” de todo o equipo do Club de Remo. “Agradecer, como non podía ser doutra maneira, aos vosos adestradores, a Mauri, a Miguel e ás persoas que están aquí con nós, que primeiro tiveron a idea porque eles tamén desfrutaron desta parte do remo e tiñan ese gusaniño de volver reactivar o remo no noso concello, aspecto moi importante”, indicou.

O edil de Deportes tamén agradeceu o traballo de Irene, Mateo, Conrado e Antón. “Tamén dar a noraboa a todo o gran equipo que formades onde está Mauri, Miguel e todos os pais e nais que forman o Club de Remo. Un dos valores que ten o deporte, desde logo, é educativo e formar equipos e facer máis conxunto entre persoas”, dixo. Mentres, o presidente do Club de Remo, Miguel Balsa, destacou as medallas conseguidas polos seus deportistas “en todas as categorías” así como “o traballo moi grande o que se fai, de xeito altruísta por parte do adestrador”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...