Máis de 250 rapaces participaron nas actividades de verán de Ribadeo

A concelleira de Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, explicou que este proxecto foi beneficioso na conciliación, no ocio responsable e na recuperación económica.


En Ribadeo acaban de rematar as actividades de verán que organizou a Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade: Vacacións Activas, Conectivi-dade coa Mocidade e Ribadeo Mocidade Urbana. Foron 256 rapaces e rapazas os que participaron.

A concelleira de Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, fixo un balance moi positivo destas actividades: “non só por o bo funcionamento das actividades, dada a situación sanitaria na que vivimos, se non tamén polo valor socioeducativo das mesmas que permite incidir en tres aspectos moi beneficiosos como son a conciliación, o ocio responsable e a recuperación económica do sector do tempo libre, moi afectado pola covid-19”.

Álvarez Lastra tamén agredeceu a participación das familias “que ano tras ano animan aos seus fillos a desfrutar das actividades” e a todos os profesionais que participaron no proxecto. A edil ribadense engadiu: “esperamos que todas estas experiencias formen a base do futuro da nosa mocidade.Todo o traballo que temos detrás vese reflectido e recompensado vendo as imaxes destes días”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here