InicioOrientalRibadeoO Alcalde de Ribadeo pide responsabilidade tras pasar de 100 a 40...

O Alcalde de Ribadeo pide responsabilidade tras pasar de 100 a 40 contaxiados na última semana

Tamén se referiu ao gromo do Centro de atención ás Persoas Maiores de Ribadeo, que afecta a 6 residentes e 1 traballador.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, pide un comportamento individual responsable ante un datos que considera “bos”. “A pesar das máis de 100 persoas contaxiadas fai uns días xa pasamos a uns 40”, puntualizou o alcalde, que recorda á cidadanía que “as cousas poden verse truncadas se non se fan como se debería“. A día de hoxe hai un total de 43 casos activos no concello, polo que espera que “Ribadeo poida pasar nos vindeiros días ao nivel medio”, o que beneficiará á hostalaría, segundo recordou.

Por outra banda, tamén se referiu ao gromo detectado no Centro de atención ás Persoas Maiores de Ribadeo, que afecta a 6 residentes e 1 traballador. Polo momento, o resto de usuarios do centro seguen sendo negativos, tras o cribado feito na mañá do 9 de agosto. Suárez recordou que a quenda dos traballadores será o martes 10 a través do test de saliva, pois todos os traballadores deron negativo nas PCR do pasado venres. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...