InicioM.ambiente e PatrimonioXa podes ollar as estrelas desde Ribadeo

Xa podes ollar as estrelas desde Ribadeo

Será este venres debido ás previsións de bo tempo.

Publicada o

- Advertisement -

Este venres terá lugar a observaión astronómica suspendida o pasado 13 de agosto.
Para o pasado 13 de agosto estaba prevista unha observación astronómica en Ribadeo, que debido á mala previsión meteorolóxica para aquela noite quedou aprazada para o 25 de agosto. Desde a Concellaría de Medio Ambiente sinalan que os pronósticos que manexaban para esa noite non son bos e entón decidiron adiantar esta actividade para a xornada deste venres.

Haberá, tal e como estaba previsto inicialmente, unha charla ás 21:30 horas no Teatro e a posterior observación astronómica na Praza de España. As pesrsoas interesadas deben de mandar un correo ou chamar á Área de Medio Ambiente (sostibilidade@ribadeo.org – 982 120 701).

Esta actividade, coa que colabora o Concello de Ribadeo, está organizada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller, que pertence á Universidade de Santiago de Compostela, e a Axencia de Turismo de Galicia coa que este verán leva a cabo o programa Camiños de Estrelas-Xacobeo 21/22.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...