Derbi futbolístico entre Viveiro e Ribadeo esta fin de semana

Os dous combinados enfrontaranse no estadio municipal Pepe Barrera nun trofeo organizado por Acisa

Partido do Ribadeo FC. AXM

O Ribadeo FC e o Viveiro CF veranse as caras no Trofeo Acisa Festas Patronais. Será este domingo, 5 de setembro, as 18:00 horas,  no estadio municipal Pepe Barrera cn custe de 8 euros. Os menores de 12 anos disporán de entrada gratuíta.

O presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, agradeceu a labor tanto da directiva do Ribadeo FC coma da nosa xerencia polo traballo que están a facer estes días para “facer deste encontro deportivo un referente, así coma o Concello de Ribadeo pola súa inestimable colaboración”.

“O partido ven con algunha sorpresas, como xa anunciou nas súas redes o Ribadeo FC e grazas as xestións do seu presidente, o saque de honor correrá a cargo de Nerea Lago, actual subcampioa de España de Skiff e integrante da Selección Española Xuvenil de Remo Olímpico”, apuntou o xerente de Acisa.  Ademais a este encontro poñeralle voz o xornalista Félix Jorquera, apaixonado do fútbol e de Ribadeo.

Tamén, no descanso do partido sortearanse 100 euros en vales de compra de Acisa Ribadeo. O presidente desta entidade agarda “poder encher o estadio de afeccionados de ambos equipos, dentro do aforo permitido

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here