A VII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais celebrarase este sábado con máis de 700 participantes

Na presentación das medallas de fin de carreira participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro e o técnico de Deportes, Jorge Díaz e Iván López, e o presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús

Foto medallas Media Maraton

Este sábado celébrase a VII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. A carreira dará comezo ás cinco da tarde e nela participan 763 atletas. Todos os que completen o percorrido recibirán unha medalla conmemorativa xentileza de Acisa Ribadeo, que colabora deste xeito con esta proba.

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, declarou que “este sábado a partir das cinco da tarde a sétima Media Maratón volve andar, despois do paréntese que nos deixou a covid”. Díaz destacou que neste evento van correr 763 participantes, dos cales son 600 homes e 163 mulleres”. Por seguridade, haberá cortes de estradas por onde transcorra a competición, “pero serán tempos curtos, entre quince e trinta minutos por zona” sinala Díaz. Debido ao protocolo da Federación Galega de Atletismo, cada vinte segundos sairán dez participantes. Díaz tamén subliñou que “unha das novidades que temos é un convenio que fixemos con Acisa para darlle unha medalla a todo participante que remate a Media Maratón”.

Desde Acisa amósanse satisfeitos de poder colaborar un ano máis coa Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. O xerente, Jesús Perez, dixo: “queremos agradecerlle ao Concello que nos permita aportar as medallas de fin de carreira”.

Para Acisa a Media Maratón é moi importante para “actividade económica do noso pobo e un importante revulsivo para o turismo”.  Por outra parte, Pérez destacou que é boa noticia retomar as actividades deportivas en Ribadeo.

Na presentación das medallas de fin de carreira participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro e o técnico de Deportes, Jorge Díaz e Iván López, e o presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús

 

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here