InicioOrientalRibadeoClausurado o obradoiro de emprego Vencellos en Ribadeo

Clausurado o obradoiro de emprego Vencellos en Ribadeo

O edil de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “foi un obradoiro de emprego para persoas mozas, que foi promovido polos Concellos de Ribadeo e de Barreiros e cofinanciado co 91% polo Fondo Social Europeo, a iniciativa de Emprego Xuvenil, e tamén contou coa financiación da Consellería de Emprego e Igualdade".

Publicada o

- Advertisement -

O salón de plenos do Concello acolleu o acto de clausura e entrega de diplomas ao alumnado do obradoiro de emprego Vencellos da Memoria, promovido polos Concellos de Ribadeo e de Barreiros e financiado polo Fondo Social Europeo e pola Consellería de Emprego da Xunta. Ao acto asistiron os alcaldes de Ribadeo e de Barreiros, Fernando Suárez e Ana Ermida, o concelleiro de Desenvolvemento Local de Ribadeo, Pablo Vizoso, así como o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e a xefa territorial de Emprego e Igualdade, Pilar Fernández.

O edil de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “foi un obradoiro de emprego para persoas mozas, que foi promovido polos Concellos de Ribadeo e de Barreiros e cofinanciado co 91% polo Fondo Social Europeo, a iniciativa de Emprego Xuvenil, e tamén contou coa financiación da Consellería de Emprego e Igualdade”. Segundo o concelleiro, o o obradoiro naceu como unha aposta e un compromiso de ámbolos dous Concellos pola promoción no uso das novas tecnoloxías e a xestión e difusión do patrimonio documental que constaba nos arquivos dos dous municipios.” Durante un ano formou a 16 persoas, tamén de Barreiros e de Ribadeo, nas especialidades de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos e en Produción fotográfica”.

O concelleiro ribadense subliñou que “ao mesmo tempo que ían recibindo a formación necesaria, foron realizando tamén unha serie de traballos ao longo de todo este tempo”. Entre os traballos destacados por Vizoso están os realizados no Concello de Barreiros o inicio da adaptación do arquivo municipal ás novas tecnoloxías, a organización e a descrición de 3.000 expedientes e os libros do seu propio fondo, así como a dixitalización dos libros de actas dese municipio.

No Concello de Ribadeo realizouse a organización da documentación existente no arquivo e aínda sen identificar e sen describir, en total 1.500 caixas ou lotes. Tamén se dixitalizaron todos os padróns de habitantes e prensa antiga que estaba custodiada na Biblioteca Municipal. Ao mesmo tempo, en cada un dos dous Concellos impulsáronse actividades de difusión e de promoción da información e do patrimonio documental.

Pablo Vizoso engadiu que o balance final deste obradoiro foi positivo por un dobre motivo. “En primeiro lugar porque 10 dos 16 integrantes como alumnado van recibir un certificado de profesionalidade, que lles vai ser moi útil no futuro de cara a facilitar a incorporación ao mercado laboral”. Por outra parte destacou o “traballo que queda patente en ámbolos dous Concellos, xa que se permite e se mellora o acceso á documentación dos dous nosos arquivos”. Vizoso agradeceu ao alumnado, monitores, a dirección e tamén os departamentos de Desenvolvemento Local, “o esforzo e a dedicación durante este ano intenso de traballo e desexarlles moita sorte, sobre todo no ámbito laboral”.

Neste acto interviron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e os alcaldes de Barreiros e de Ribadeo, Ana Ermida e Fernando Suárez, que agradeceron o traballo realizado ao longo deste ano de obradoiro e desexáronlle sorte ao alumnado para o seu futuro laboral.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...