InicioOrientalRibadeoRibadeo saca a licitación as obras da Escola de San Vicente

Ribadeo saca a licitación as obras da Escola de San Vicente

A empresas dispoñen ata este venres para presentar as súas ofertas, segundo deu a coñecer o concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello sacou a licitación as obras de mellora da Escola de San Vicente, en Covelas. Suporán un investimento de máis de 46.000 euros e recollen todas as suxestións realizadas pola asociación de veciños. A empresas dispoñen ata este venres para presentar as súas ofertas, segundo deu a coñecer o concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil.

O edil contou que “tal e como tiñamos planificado, logo da xuntanza coa asociación de veciños de Covelas hai uns meses sobre as necesarias melloras na Escola de San Vicente, sacamos nestes días a licitación pública as obras de mellora deste edificio municipal”.

Marcos Villamil explicou que “o proxecto que redactou o técnico municipal ascende a uns 46.600 euros e recolle todas as suxestións feitas pola asociación de veciños no seu momento”. Entre as reformas están o cambio da carpintería de exteriores para mellorar o illamento térmico, sanear e recuperar as cornixas do edificio, dotación dun novo pavimento antiesvaradizo no perímetro exterior da Escola, melloras de electricidade e iluminación, pintura exterior e interior e dotación de mobiliario.

O concelleiro de Medio Rural subliñou que “este venres remata o prazo para a presentación de ofertas para todas aquelas empresas que desexen participar“. Esta actuación xa foi contemplada integramente no vixente orzamento municipal aprobado a comezos de ano, logo de que a axuda que se solicitara á Xunta de Galicia o ano anterior para este mesmo fin fora desatendida.

Villamil engadiu: “queremos polo tanto cumprir cos nosos compromisos nesta parroquia cos veciños e veciñas dela, porque queremos ir mellorando estes edificios municipais para ir facendo destes espazos uns lugares de xuntanza e de actividades varias, agora que a pandemia empeza a quedar atrás”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...