Ribadeo porta do Camiño Norte, nova marca turística de Acisa

Desde Acisa que cando se recupere o 100% da normalidade, implicará pernoctas en hoteis e albergues, almorzos, comidas e ceas, "compras no comercio local e promoción da nosa vila”.


Acisa presenta de forma oficial a súa nova marca de promoción turística Ribadeo Porta do Camiño Norte coa que o colectivo pretende potenciar a vila como punto de partida e de paso do Camiño de Santiago e baixo a que prevé realizar diversas actuacións.

Francisco Iriarte, presidente de Acisa, explicou que “hoxe presentamos Ribadeo Porta do Camiño Norte, a nova marca turística rexistrada e propiedade de Acisa, coa que pretendemos levar a cabo diversas actividades para promocionar Ribadeo como vila destacada do paso do Camiño de Santiago·”. Iriarte agradeceu a presenza de Manuel Vicente, presidente da asociación Amigos do Camiño do Mar, xa que a nova marca tamén ira moi ligada á promoción desta ruta.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, subliñou “a importancia que ten para Ribadeo poder dicir que polo noso municipio pasan dous Camiños. E polo tanto faremos tamén pedagoxía da importancia que isto ten para o comercio e para a hostalaría locais”. Pérez sinalou que cando se recupere o 100% da normalidade, implicará pernoctas en hoteis e albergues, almorzos, comidas e ceas, “compras no comercio local e promoción da nosa vila”.

Pérez Prada dixo que cada peregrino que pase por Ribadeo facendo un camiño “é un potencial camiñante facendo o outro e un potencial turista noutra época do ano, que poderá vir acompañado de familia e amigos”.

Iriarte Quintana insistiu en que “se todo vai ben poderemos anunciar a finais de esta semana a primeira das iniciativas, que poñeremos en marcha o mesmo día, pero non será a única”, xa que no que queda de ano editarase material promocional para dar a coñecer esta marca.

De cara ao vindeiro Acisa pretende facer o maior esforzo con diferentes sistemas de promoción de Ribadeo como vila relevante do Camiño de Santiago. Poranse en valor os dous camiños, o do Norte e o do Mar. “Agardamos obter axudas para poder sinalizar ambas rutas, editar guías e facer campañas de promoción turística”, sinalou Iriarte.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here