Sae a licitación o programa “Aquí?…Como de 20!” do Concello de Ribadeo

Por outra parte, até o 8 de xaneiro poderase visitar na Oficina de Turismo a exposición "Os Viquingos de Playmobil Desembarcan en Ribadeo". Está composta por máis de dúas mil pezas que recrean a chegada das incursións normandas e viquingas ás costas galegas.


O Concello saca a licitación o contrato de servizos de execución do programa Aquí?… como de 20, que se desenvolverá nas parroquias. O importe é de 50.000 euros e a duración do devandito programa será de 9 meses. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas, segundo informou este mediodía o alcalde, Fernando Suárez.

O rexedor dixo que “nesta normalidade na que nos estamos situando tamén queremos volver facer as actividades que antes da pandemia tiñan moito éxito nas parroquias como Aquí?… como de 20!“. Esta iniciativa recollía propostas socioculturais e actividades físicas como ximnasia. Agora preténdese volvela poñela a andar.

Suárez Barcia subliñou: “O obxectivo é poder levar adiante toda esta chea de servizos e de actividades que queremos facer cos homes e mulleres da terceira idade principalmente“. Non obstante, non é só ás persoas maiores a quen vai dirixido o programa senón a toda aquela persoa que se sinta soa ou que queira compartir un bo momento de lecer.

Aquí?… coma de 20! deu comezo no ano 2013. Os seus obxectivos pasan por promover as relacións interpersoais e interxeracionais, favorecer o coñecemento do medio e as relacións entre as parroquias, vivir un ocio san e saudable, promover a integración social, aumentar a autoestima persoal e fomentar a mellora das condicións físicas e psíquicas dos/as usuarios/as.

EXPOSICIÓN PLAYMÓBIL

Ata o 8 de xaneiro pódese visitar na Oficina de Turismo a exposición “Os viquingos de Playmobil desembarcan en Ribadeo”, que está composta por máis de 2.000 pezas que recrean a chegada dos viquingos e dos normandos ás costas galegas. Hai unha ambientación da praia das Catedrais. O alcalde, Fernando Suárez, anima a achegarse á mostra e subliña que o Concello cos Coles promoverá visitas guiadas dos centros ao longo das vindeiras semanas. 

Xabier Bermúdez Salgueiro, da asociación Aesclicks, contou que “quixemos ambientar a exposición precisamente en Ribadeo recreando a praia das Catedrais e a partir de aí un desembarco destes pobos nórdicos”. Ao mesmo tempo tamén se quixo recrear como era a Galicia do ano 1.000, que era un reino moi importante na Europa occidental e como estaba estruturada a nivel de poboación das vilas e rural.

Bermúdez dixo que “a mostra andará por unhas 2.000 ou 3.000 pezas. É incalculable porque cada boneco ten unhas 5 ou 6 pezas, entón é moi difícil de saber. Está aberta para todo o mundo con entrada gratuíta, desde nenos a nenos máis grandes”.

O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “estamos encantados de acoller aquí, en Ribadeo, e singularmente na Oficina de Turismo, esta exposición diferente, pero moi atractiva”. Para o alcalde de Ribadeo sinaña que a exposición é moi atractiva para os máis pequeniños “aínda que como os clicks de Playmobil é algo que abrangue xa varias xeracións, dado que hai moitos anos que existen, supoño que tamén farán as ledicias de xente máis adulta”.

Para o rexedor “o das incursións normandas e que teña determinadas cuestións da nosa xeografía e da nosa historia, como a praia das Catedrais, Galicia, os mosteiros, etcétera, fai moi recomendable vir velo en calquera momento dos da apertura da Oficina de Turismo”.

Suárez Barcia subliñou que “coa iniciativa que lle chamamos O Concello cos coles convidamos a que os colexios, se queren, poidan vir de visita organizada cos seus alumnos e coas súas alumnas nalgún momento ver esta atractiva exposición, que é inédita e eu creo que deste tipo poucas haberá por aí adiante”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here