InicioOrientalRibadeoA segunda edición de Reinicia Ribadeo será entre novembro e decembro

A segunda edición de Reinicia Ribadeo será entre novembro e decembro

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “ante a necesidade xeral de mellorar a dixitalización dos pequenos negocios locais para adaptarse ás novas canles de venda e de comunicación"

Publicada o

- Advertisement -

A Concellaría de Desenvolvemento Local desenvolverá a segunda edición de Reinicia Ribadeo, o programa de transformación dixital para as empresas e autónomos locais, sen custe económico para todos eles. Será impartido nos meses de novembro e decembro e a inscrición está aberta ata o vindeiro día 4.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “ante a necesidade xeral de mellorar a dixitalización dos pequenos negocios locais para adaptarse ás novas canles de venda e de comunicación”

Vizoso delcarou que dende o Concello de Ribadeo lanzan o proxecto Reinicia Ribadeo na súa segunda fase, “que se presenta como un programa de acompañamento e de apoio para a transformación dixital das nosas empresas locais”.

O edil ribadense explicou que se divide en dúas liñas, impartir cursos prácticos de formación e asesoramento individualizado. Trátase sempre dun programa totalmente personalizado, que se levará a cabo durante o mes de novembro e parte de decembro, e que servirá ademais para que as empresas locais poidan dar un impulso á campaña de Nadal. Trataranse temas como a identidade corporativa, as redes sociais, o comercio electrónico ou a fidelización de clientes.

Vizoso Galdo sinalou que “A convocatoria está aberta a todas as persoas autónomas e pequenas empresas asentadas en Ribadeo, con independencia da súa actividade, e sen ningún custe económico para elas”.

O prazo de inscrición está aberto ata o 4 de novembro e aquelas persoas ou empresas que estean interesadas nesta convocatoria poden dirixirse ao Concello consultando na súa web, por teléfono no 982 128 650 ou dirixíndose directamente ao departamento da Concellaría de Desenvolvemento Local.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...