InicioOrientalRibadeoAsinado o convenio anual entre o Concello de Ribadeo e a Asociación...

Asinado o convenio anual entre o Concello de Ribadeo e a Asociación Educando en Familia

A través deste convenio que conta cun importe de 4.000 euros, estase dando apoio e asesoramento a unhas corenta familias con nenos entre 0 e 6 de anos de Ribadeo, con especial atención en familias que baixo o risco de exclusión ou mesmo con aquelas que son monoparentais.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo asinou, un ano máis, un convenio coa asociación Educando en Familia que presta axuda e asesoramento a 40 familias ribadenses con nenos e nenas de 0 a 6 anos. O importe ascende a 4.000 euros.

O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “seguimos apoiando desde a Área de Educación, que leva a miña compañeira Mariluz Álvarez Lastra, coa sinatura deste convenio anual con esta asociación que se chama Educando en familia”. A través deste convenio que conta cun importe de 4.000 euros, estase dando apoio e asesoramento a unhas corenta familias con nenos entre 0 e 6 de anos de Ribadeo, con especial atención en familias que baixo o risco de exclusión ou mesmo con aquelas que son monoparentais.

O rexedor subliñou que “con este convenio estamos promovendo que un equipo educativo moi profesional, composto por docentes especializadas e con moita experiencia, poidan dar unha serie de consellos, de asesoramento ás familias de como educar aos nenos e nenas”.

Suárez Barcia lembrou que “hai que apoiar este tipo de iniciativas sobre todo cando a administración educativa, autonómica neste caso, non se fai cargo e os Concellos, aínda que non sexa unha competencia directa nosa, temos que seguir apoiando estas iniciativas tan interesantes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...