InicioOrientalRibadeoRibadeo comeza a mellora de camiños en nove parroquias cun orzamento de...

Ribadeo comeza a mellora de camiños en nove parroquias cun orzamento de máis de 200.000

As obras inclúen o pavimentado con aglomerado asfáltico varios quilómetros de viarios públicos, incluíndo a dotación de corredores laterais de grixo para darlles algo de máis anchura e seguridade, así como a pintura das liñas laterais.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo comeza estes días as obras de mellora da rede municipal de camiños nas parroquias de Ove, Arante, Cedofeita, Couxela, Vilaselán, Piñeira, Vilaframil, Rinlo e A Devesa. O investimento ascenderá a 212.000 euros, financiados polo Concello e pola Deputación de Lugo, a través do Plan Único.

O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, contou que “tendo en conta a enorme rede de camiños que temos, quixemos coma sempre, dialogar coas diferentes asociacións de veciños para que nos foran marcando as prioridades, sabendo que non podemos facer todo ao mesmo tempo”.

Villamil explicou que p orzamento é de 212.454 euros financiados polo Concello e máis a Deputación de Lugo, a través do Plan Único. As obras inclúen o pavimentado con aglomerado asfáltico varios quilómetros de viarios públicos, incluíndo a dotación de corredores laterais de grixo para darlles algo de máis anchura e seguridade, así como a pintura das liñas laterais. Para todo isto realizouse un procedemento de licitación aberto, sendo adxudicataria a empresa Desarrollos y Metas, SL, que contará cun prazo de 2 meses para executar estas obras.

O edil ribadense engadiu que “durante os vindeiros días seguramente provoquemos cortes ao tráfico nestes puntos de actuación mentres se executan as obras, e seguramente ocasionemos algunhas molestias, mais sabemos que o resultado vai ser tamén do agrado dos veciños e das veciñas do noso concello”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...