InicioSucesosDetidos en Asturias tras estafar máis de 14.000 euros a veciñanza de...

Detidos en Asturias tras estafar máis de 14.000 euros a veciñanza de Ribadeo

Simulaban ser comerciais de eléctricas.

Publicada o

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil detiveron tres persoas na localidade asturiana de Pravia, como supostos autores de varias estafas cometidas en Ribadeo, e aos que tamén se relaciona cun presunto delito de defraudación do fluído eléctrico.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, as investigacións iniciáronse o pasado mes de xuño, cando os axentes tiveron coñecemento de que varias persoas estaban a contactar con veciñanza de Ribadeo, facéndose pasar por comerciais de compañías de subministración eléctrica.

Os estafadores convencían os prexudicados para que cambiasen de compañía, co reclamo de zumentos descontos aos que supostamente terían dereito por axudas relacionadas coa pandemia de Covid. Así, os falsos comerciais ofrecían rebaixas de entre o 35 e o 50 % nos recibos que xa estaban pagos, e instaban a veciñanza a devolvelos para pagar as facturas, con eses descontos, noutra conta bancaria que eles lles facilitaban.

Os titulares reais desas contas eran eles mesmos, non unha compañía subministradora, e chegaron mesmo a ofrecer descontos a clientes que tiñan débedas anteriores coas súas empresas de electricidade. Así, simulaban facerse cargo da débeda con grandes descontos, e igualmente facilitaban os seus números de conta para que os veciños lles ingresasen o diñeiro, aínda que logo non pagaban esas débedas ás compañías.

Ademais, informou a Garda Civil, chegaban a utilizar as débedas xeradas para presionar os clientes coa ameaza de cortales a subministración se non pagaban. Deste xeito, chegaron a estafar a diferentes prexudicados un importe aproximado de 13.600 euros.

Por outra banda, no transcurso das investigacións, os efectivos policiais tamén descubriron que os sospeitosos estafaran un comercio de Ribadeo, onde simularon xestionar unha reconexión da subministración da luz. Alí manipularon o contador, facendo unha conexión ilegal, e cobraron por este servizo 764 euros. A conexión ilegal á rede de fluído eléctrico mantívose durante máis dun ano e o importe estimado da defraudación é de 3.800 euros.

As pescudas permitiron localizar a tres dos presuntos autores destes feitos (hai outros dous sospeitosos que aínda non foron localizados), que foron detidos en Pravia (Asturias). Atribúeselles a comisión de 8 delitos e xa foron postos a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...