InicioOrientalRibadeoO alcalde de Ribadeo valora como moi positivo o programa 'O Concello...

O alcalde de Ribadeo valora como moi positivo o programa ‘O Concello cos Coles’

Con este programa o Concello quixo proporlle aos colexios diferentes actividades aos distintos centros educativos de Ribadeo.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Fernando Suárez, fai un balance moi positivo do programa O Concello cos Coles, que se está a desenvolver no presente curso. Trátase de actividades de natureza, culturais, de turismo ou de igualdade, entre outras que desde o Concello lles propuxeron aos centros de ensino ribadenses. Hoxe seguiu na Escola Pedro Murias o taller de elaboración de queixo para os máis pequenos.

O rexedor declarou que “desde o goberno municipal estamos francamente satisfeitos de como está indo esta iniciativa que puxemos a andar hai pouquiño tempo, que se chama O Concello cos Coles”. Con este programa o Concello quixo proporlle aos colexios diferentes actividades aos distintos centros educativos de Ribadeo.

Suárez Barcia engadiu que “hai poucos días estivemos facendo visitas de xeorutas para ver os pregues e os aspectos xeolóxicos do noso concello.” Este venres seguen coa segunda edición do curso de elaboración de queixos para os máis pequenos, “seguindo as instrucións dos técnicos da Escola Pedro Murias, que nos cederon a aula de lácteos para que puidéramos levar adiante esta iniciativa” declarou o alcalde.

O alcalde ribadense subliñou que “todo isto danos moita ilusión e moitas ganas de seguir dando continuidade ao longo deste ano, que vai entrar agora, a este tipo de iniciativas que son moi enriquecedoras para os pícaros e para as pícaras e que poñen ao mesmo tempo en valor todas as cousas boas que ten o noso concello”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...