Ribadeo abre a inscrición gratuíta e obrigatoria para a XXXI San Silvestre

A máscara é obrigatoria a partir dos seis anos durante todo o percorrido da carreira e tamén será obrigatorio entregar unha declaración do covid para poder recoller ese dorsal.


No Concello de Ribadeo presentouse esta mañá a XXXI San Silvestre, que se celebrará o 31 de decembro. A inscrición, que é obrigatoria e gratuíta, está aberta desde hoxe e ata o 26 de decembro. A máscara será obrigatoria para todas as categorías a partires dos seis anos de idade. Na presentación estiveron presentes o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e o técnico de Deportes, Iván Rodríguez.

O rexedor dixo que “estamos moi contentos de organizar isto porque o facemos con moita prudencia. Todo o que organizamos o facemos con moita prudencia, pero tamén con moita ilusión, sabendo que todo isto que estamos programando vai ter moita repercusión e seguro que haberá moita xente que se inscriba de Ribadeo e veciños de fora de Ribadeo que se acheguen aquí”.

O edil de Deportes explicou que “hoxe abrimos o prazo de inscrición da San Silvestre deste ano, o prazo é desde o 10 de decembro ata o 26, e vai estar habilitada na páxina de championchipnorte para todas as inscricións”.

O ano pasado polo covid non se puido organizar esta competición. Este ano a carreira está suxeita a un protocolo con distintas normas que vai haber diferentes a outros anos onde é obrigada a inscrición, a máscara é obrigatoria a partir dos seis anos durante todo o percorrido da carreira e tamén será obrigatorio entregar unha declaración do covid para poder recoller ese dorsal.

Jorge Díaz engadiu que hai catro percorridos. Un de cen metros onde está a xente nacida entre 2018 e 2021, e vai desde a oficina de turismo ata o Concello. Hai outra de catrocentos metros para os nados entre 2014 e 2017, neste caso é unha volta ao parque San Francisco que remata no Concello. Outra carreira é a da milla con 1.150 metros que vai polas rúas peonís do concello, polas Catro Calles e Reinante. Esta última é para os nados entre 2010 e 2013. Por último está a San Silvestre de sempre, con cinco quilómetros e o percorrido habitual polas diferentes rúas do concello, sobre todo polas peonís.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here