InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo denuncia ante a Garda Civil unha presunta estafa aos seus...

ACISA Ribadeo denuncia ante a Garda Civil unha presunta estafa aos seus asociados

Desde a xerencia de Acisa declaran que "están chegando numerosas queixas de que alguén facéndose pasar por Acisa, solicita datos empresariais e persoais". Desde a asociación avisan de non dar nunca datos persoais a descoñecidos.

Publicada o

- Advertisement -

Acisa advirte no día de hoxe ás súas asociadas e asociados dunha presunta fraude ou estafa, que xa puxo en coñecemento da Garda Civil.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explica que “nos están chegando numerosas chamadas de empresas de Ribadeo queixándose de que alguén facéndose pasar por Acisa está a reclamar datos para servizos de saúde, aseguradoras, etc. Esa persoa, un home con voz estraña, solicita datos empresariais e persoais. O seu número de teléfono nunca aparece e se se lle pide un contacto o que dá é un número falso”. E engade que “xa puxemos os feitos en coñecemento da Garda Civil”.

Desde Acisa lembran ás súas asociadas e asociados que “nunca dean datos persoais, bancarios ou empresariais por teléfono se non saben con quen falan” e subliñan que “Acisa Ribadeo nunca solicita datos de carácter persoal ou empresarial por teléfono, e relaciónase cos seus socios polas canles ordinarias e o persoal habitual. Ante calquera dúbida recomendámoslles que se poñan en contacto coa xerencia da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...