InicioOrientalRibadeoCampaña en Ribadeo para a recollida porta a porta de plásticos a...

Campaña en Ribadeo para a recollida porta a porta de plásticos a partir do 7 de marzo

A Área de Medio Ambiente pide que as explotacións procuren ter os plásticos en lugar adecuado e facilmente accesible para o camión de recollida e agradece “a máxima colaboración posible con este servizo principalmente á hora de dispoñer os plásticos no lugar de recollida”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo comezará o 7 de marzo a recollida porta a porta dos plásticos agrícolas. As explotacións que precisen contar con este servizo deben solicitalo a través do teléfono do Punto Limpo municipal, 664 00 09 32, dentro do seu horario de luns a venres de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:30 horas e os sábados de 9:00 a 13:00 horas. As solicitudes poderán presentarse ata o 4 de marzo. A campaña prolongarase durante os días que sexan necesarios para atender todos os avisos recibidos en tempo e forma.

A Área de Medio Ambiente pide que as explotacións procuren ter os plásticos en lugar adecuado e facilmente accesible para o camión de recollida e agradece “a máxima colaboración posible con este servizo principalmente á hora de dispoñer os plásticos no lugar de recollida”.

A firma contratada polo Concello de Ribadeo para prestar este servizo é Ascan Servicios Urbanos S.L., a través da empresa Soluciones Integrales para el Medio Ambiente S.L., transportista profesional de residuos autorizado pola Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...