Os pensionistas saen á rúa en Ribadeo o vindeiro 12 de febreiro

Piden unha subida das pensións do 5,5% para manter o poder adquisitivo.

Concentración dos pensionistas. AXM

O Movemento Galego pola Defensa das Pensións e dos Servizos Públicos (Modepen) concentrouse este xoves na Coruña para “esixir” o mantemento do poder adquisitivo e a subida dos subsidios mínimos.

O membro de Modepen Manuel Gundín argumenta que as pensións “teñen que aumentar de acordo co IPC real acumulado, que está nun 5,5% segundo o INE, pero está a aplicarse un IPC medio do 2,5%”. Por tanto, afirma que perden un 3% de poder adquisitivo. En consecuencia, desde a asociación reclaman “o aumento dese 3% no ano 2021 e tamén, en 2022”.

Desde esta asociación, manifestan que van seguir “pelexando” para que o sistema público de pensións non se privatice. Doutra banda, aseguran que “se necesita” que o salario dos traballadores aumente para que á súa vez repercuta nas pensións. Piden que ningunha pensión de xubilación se sitúe por baixo do salario mínimo e que este sexa “o 60% do salario medio”.

O concelleiro de Marea Atlántica e deputado provincial da Coruña, Alberto Lema, asegurou durante este acto que vai a prensentar “unha moción á Deputación da Coruña como mostra de apoio ao colectivo de pensionistas”.

MANIFESTACIÓNS O 12 FEBREIRO

As organizacións de pensionistas de diferentes pobos e cidades de España asinaron un manifesto convocando unha mobilización conxunta e descentralizada para defender unhas pensións dignas e de carácter público. En Galicia, celebraranse o 12 de febreiro, ás 12 horas, en Ribadeo e Cangas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here