InicioOrientalRibadeoO BNG de Ribadeo chama á defensa da sanidade pública ante o...

O BNG de Ribadeo chama á defensa da sanidade pública ante o “contexto xeral de recortes”

O BNG ribadense acusa ao presidente da Xunta de abrir "expedientes a quen ouse adoptar unha actitude crítica coa súa xestión sanitaria".

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Ribadeo sinala nun comunicado a súa aposta pola potenciación da sanidade pública. Nun contexto xeral de recortes, “que se viu agravado pola crise sanitaria xerada pola Covid-19″, defenden o incremento dos orzamentos dedicados á sanidade pública e non desviar á sanidade privada a prestación de servizos. Así mesmo piden consolidar os postos de traballo xa existentes “para evitar contratacións ridículas de ata media xornada” e aumentar o persoal sanitario.

O BNG ribadense acusa ao presidente da Xunta de abrir “expedientes a quen ouse adoptar unha actitude crítica coa súa xestión sanitaria”. Poñen como exemplo o caso da doutora de urxencias no CHUS Fátima Nercellas, quen foi sancionada con 17 días de emprego e soldo por sacar a dous doentes dos corredores de urxencias para poder atendelos en condicións.

Denuncian as listas de espera e a situación que se vive por culpa da COVID. Por iso consideran que a Xunta, lonxe de reaccionar, “o persoal sanitario percibe como unha clara advertencia sancións como as da doutora Fátima Nercellas”. Por outra parte, sinalan a continuidade de contratos dun día, no que mesmo se teñen que desempeñar funcións distintas segundo a hora.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...