Ribadeo abre o novo proxecto de formación para mellorar as posibilidades de emprego no concello

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, subliñou que “con Ribadeo Suma Emprego queremos achegar a formación e o coñecemento a aquelas persoas que o precisen, para que se poidan desenvolver dun xeito práctico coas tecnoloxías e acadar un nivel de formación que lles permita mellorar a súa empregabilidade”.


Co obxectivo de mellorar a empregabilidade deu comezo na Aula CeMIT o novo programa de formación do Concello denominado Ribadeo Suma Emprego. A primeira xornada tivo lugar onte, luns.

Estivo dirixida ás persoas que non posúen ferramentas informáticas ou que teñen coñecementos moi básicos destas, a formación comezou polo manexo básico do ordenador e a organización dos documentos no mesmo.Houbo tempo ademais, ao longo das 3 horas de formación, de traballar a busca en internet, a creación e uso do correo electrónico, así como de coñecer as principais ferramentas para realizar vídeo conferencias.

Mañá, mércores, será a segunda xornada de Competencias informáticas básicas. O 7 de marzo a formación abordará como buscar emprego na rede e os días 15, 16 e 17 de marzo centrarase nas Habilidades sociais para o emprego, onde se incidirá no proceso de busca de emprego a través da optimización das características persoais.

Os idiomas tamén terán cabida en Ribadeo Suma Emprego. Do 22 de marzo ao 28 de abril impartirase Inglés para atención ao público (nivel básico), no que os asistentes recibirán nocións sobre gramática básica, vocabulario e expresións útiles para a atención ao público.

Tamén en marzo está previsto que comece a funcionar o novo Portal de Emprego, que integra tanto a xestión das demandas de emprego das persoas desempregadas como as ofertas das empresas que están levando a cabo un proceso de selección de persoal.

E ao igual que en anos anteriores en abril dará comezo o Curso preparatorio para os exames de competencias clave (nivel 2), nas materias de comunicación en lingua castelá, comunicación en lingua galega e competencia matemática.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, subliñou que “con Ribadeo Suma Emprego queremos achegar a formación e o coñecemento a aquelas persoas que o precisen, para que se poidan desenvolver dun xeito práctico coas tecnoloxías e acadar un nivel de formación que lles permita mellorar a súa empregabilidade”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here