InicioOrientalRibadeoCurso de instalación de cartón xeso no CIFP Porta da Auga en...

Curso de instalación de cartón xeso no CIFP Porta da Auga en Ribadeo

O xefe do Departamento de Edificación e Obra Civil no CIFP Porta da Auga, José Méndez de Andés, explica que “esta formación corre a cargo da empresa Placo, coa que o centro ten un convenio de colaboración e ademais esta firma ten un acordo co Ministerio de Educación para realizar a formación nos centros de FP que contan con ensinanzas de Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación".

Publicada o

- Advertisement -

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, acolle unha actividade formativa sobre a instalación de cartón xeso para o alumnado do Ciclo de Obras de Interior. Está impartida por un monitor da empresa Placo, que se desprazou ao centro ribadense para ensinar aos alumnos novidades na instalación deste material durante as tardes do pasado luns e deste martes, en horario lectivo.

O xefe do Departamento de Edificación e Obra Civil no CIFP Porta da Auga, José Méndez de Andés, explica que “esta formación corre a cargo da empresa Placo, coa que o centro ten un convenio de colaboración e ademais esta firma ten un acordo co Ministerio de Educación para realizar a formación nos centros de FP que contan con ensinanzas de Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación. Esta empresa dedicase principalmente á colocación de cartón xeso en interiores e ten tamén novidades en aplacado exterior para vivendas, que é interesante para esta zona onde estamos porque, pola humidade que hai e o frío, convén sempre poñer un aplacado exterior para protexer as fachadas”.

José Méndez de Andés destaca que con esta formación “o alumnado aprende as novidades que saen no referido á instalación de cartón xeso, que é un dos módulos principais do ciclo de Obras de Interior que temos no Porta da Auga. Ademais esta empresa colabora co centro tamén no equipamento de seguridade e de traballo para os alumnos: roupa, botas e outro material que usan normalmente”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...