InicioOrientalRibadeoUn convenio entre ACISA Ribadeo e Phonergy permitirá descontos a empresas asociadas...

Un convenio entre ACISA Ribadeo e Phonergy permitirá descontos a empresas asociadas en instalación de alarmas

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indica que “a oferta xa foi enviada a todos os socios, pero queremos dala a coñecer a todas as empresas, xa que nestes tempos de elevados custos empresariais, queremos demostrar que ser socio de Acisa supón grandes beneficios aos seus asociados".

Publicada o

Os negocios de Acisa Ribadeo obterán prezos vantaxosos na instalación de alarmas e estudos na factura da luz grazas ao convenio asinado con Phonergy, firma asociada. O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, sinala que “grazas ao convenio asinado entre a nosa asociación e a empresa asociada Phonergy, as socias e os socios de Acisa obterán condicións vantaxosas para a instalación de alarmas tanto para negocios como para fogares, así como estudos gratuítos personalizados sobre a factura da luz, tamén tanto para empresas como particulares. Por tanto, os socios de Acisa non só pódense beneficiar nos seus negocios destas tarifas vantaxosas se non tamén nos seus fogares”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indica que “a oferta xa foi enviada a todos os socios, pero queremos dala a coñecer a todas as empresas, xa que nestes tempos de elevados custos empresariais, queremos demostrar que ser socio de Acisa supón grandes beneficios aos seus asociados. Con esta promoción valida do 8 ao 31 de marzo, os negocios asociados teñen acceso a unha oferta especial de alarmas para empresas e tres alternativas para os fogares. Ademais, se se contrata durante os meses de marzo e abril de agasallo poden levar un fantástico smartwach, dispoñible en cores negro, branco e rosa”.
Pérez engade: “queremos lembrar aos socios, que Phonergy segue asesorando de forma totalmente gratuíta a todos aqueles que necesiten abaratar a factura da luz. Dispoñen da mellor oferta do mercado para facturas de particulares. E se se trata de autónomos ou empresas, tamén están en disposición de mellorar calquera factura. O estudo e a contratación para os socios de Acisa é totalmente gratuíto”.
DESCONTO EN COMBUSTIBLE
Iriarte Quintana lembra que “ata o 10 de abril está activa a campaña de descontos en carburante de 0,10 euros o litro, organizada por Acisa en colaboración con Gasóleos Abelleira. Nestes días nos que vivimos unha alza sen precedentes dos prezos do carburante cremos que unha iniciativa como esta, na que podemos axudar aos nosos clientes para ter un pequeno aforro á hora de encher, é moi importante. Por iso, lembramos a veciños e visitantes que por compras ou consumicións no comercio e a hostalería asociados a Acisa poderán obter unha destas tarxetas de desconto de 0,10 euros o litro de combustible”.
Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo manifestan que “nestes tempos complicados Acisa segue traballando no seu compromiso de ampliar condicións vantaxosas en aspectos tan importantes como a subministración de luz, o combustible ou a instalación de alarmas, sen dúbida, unha parte importante dos gastos empresariais”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...