InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo prepara o sorteo do Día do Pai para o 21...

ACISA Ribadeo prepara o sorteo do Día do Pai para o 21 de marzo

Aquelas persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo ata o vindeiro domingo, día 20, entrarán no sorteo deses agasallos que se celebrará o luns nas oficinas da asociación mediante un sistema de xeración de números aleatorios.

Publicada o

- Advertisement -

Merécelo papá é a nova campaña da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para celebrar o dia do pai neste 2022. Acisa Ribadeo sortea 3 premios, 1 experiencia de dous días de desconexión (1 noite mais almorzo) para dúas persoas a escoller entre 2800 estancias nacionais, 1 experiencia de aventura a escoller entre mais de 5.500 actividades e outro premio de 100 euros en vales de compra.

Aquelas persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo ata o vindeiro domingo, día 20, entrarán no sorteo deses agasallos que se celebrará o luns nas oficinas da asociación mediante un sistema de xeración de números aleatorios.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “nesta ocasión sorteamos 3 premios diferentes: 1 experiencia de dous días de desconexión (1 noite mais almorzo) para dúas persoas a escoller entre 2800 estancias nacionais, 1 experiencia de aventura a elixir entre mais de 5.500 actividades e outro premio de 100 euros en vales de compra. O sorteo será emitido a través do facebook da asociación e despois Acisa darémoslle a debida publicade mediante un comunicado, en redes sociais, na nosa web, en prensa escrita e dixital e nas radios”.

O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte, dixo que “os gañadores terán ata o dia 27 de marzo para presentarse nas oficinas de Acisa a recoller o premio, de non facelo perderán ese dereito. Si quedase algún premio deserto o dia 28 de marzo farase un segundo sorteo coa mesma mecánica e haberá un segundo prazo de recollida ata o 4 de abril”. Desde Acisa incidiron “na necesidade de seguir apostando polo comercio local para facer as compras destas datas e pola hostalería local para as celebracións familiares”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...