InicioOrientalRibadeoA folga do transporte impide a recollida de cartón en Ribadeo

A folga do transporte impide a recollida de cartón en Ribadeo

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, dixo que “ata hoxe a recollida estívose a realizar sen problema, pero nesta xornada o camión non puido pasar, debido á folga do transporte".

Publicada o

- Advertisement -

O cartón dos contedores azuis non se puido recoller hoxe en Ribadeo por mor da folga do transporte, segundo confirmou o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije.

O edil dixo que “ata hoxe a recollida estívose a realizar sen problema, pero nesta xornada o camión non puido pasar, debido á folga do transporte. Agardamos que en breve isto se solucione, porque de non ser así imos a situación pódese complicar”.

Díaz Freije pídelle á veciñanza que “sempre, pero estes días máis, introduzan o cartón nos contedores, perfectamente dobrado para que así o espazo se poida aproveitar mellor. E que non deixen o cartón tirado no chan, xa que hai contedores dabondo en Ribadeo para depositalo. É certo que nas zonas con mais densidade de poboación énchense antes, pero hai outros que sempre teñen capacidade para que sexa posible seguir depositando o cartón nos recipientes axeitados e non en calquera sitio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...