InicioOrientalRibadeoO alcalde de Ribadeo espera que se vendan parcelas do polígono industrial...

O alcalde de Ribadeo espera que se vendan parcelas do polígono industrial nas vindeiras semanas

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez engadiu que: “oxalá nos próximos tempos todas estas parcelas se vaian vendendo porque os prezos e as condicións son verdadeiramente interesantes”.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Fernando Suárez, agarda que nas vindeiras semanas as parcelas do polígono industrial de Ribadeo se vaian vendendo, tras as bonificacións que hoxe aprobou no seu consello de administración a Sepes, a sociedade titular deste parque empresarial.

O rexedor confirmou que “por fin no día de hoxe podemos ver o resultado desta colaboración estreita e deste compromiso acadado hai poucas semanas co director de Sepes, desta sociedade pública do Ministerio de Fomento que é a titular do polígono industrial de Ribadeo, que atendendo ás demandas do Concello aceptou e así se aprobou no consello de administración de Sepes no día de hoxe a bonificación importante dunha serie de 14 parcelas, onde durante seis meses se lles baixará o prezo de venda nun 35% e outras 6 se sacarán como concesión de superficie con opción a compra durante 30 anos”.

Para Suárez Barcia “en definitiva o prezo vai a pasar a ser moi competitivo, dado que vai haber unha forcada entre 42,9 euros metro cadrado a 48,75 euros metro cadrado para as parcelas do polígono industrial de Ribadeo, que é un dos mellores non só de toda a comarca senón de todo o Cantábrico porque está ao pé da autovía en primeira liña, moi ben urbanizado e situado para unha serie de iniciativas que estamos seguros que a partir de agora, nos próximos días e nas próximas semanas, empezará a haber interese para asentarse nun lugar cheo de vida, como é Ribadeo, e nun lugar potencialmente moi interesante como é precisamente o polígono industrial ribadense”.

O alcalde tivo palabras de agradecemento para o director de Sepes: “eu quérolle agradecer ao novo director de Sepes que fixera efectivo o compromiso acadado co concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, e comigo na reunión que mantivemos hai unhas semanas en Madrid, e ademais que ven cumprir cunha demanda histórica, posto que cos gobernos de Mariano Rajoy por máis que intentamos que esta empresa pública en mans dun ministerio accedese a algo similar, nunca obtivemos mais que boas palabras e agora temos mo bos feitos”.

Fernando Suárez engadiu: “oxalá nos próximos tempos todas estas parcelas se vaian vendendo porque os prezos e as condicións son verdadeiramente interesantes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...