InicioOrientalRibadeoRibadeo impartirá conversas sobre administración electrónica o día 1 de abril na...

Ribadeo impartirá conversas sobre administración electrónica o día 1 de abril na aula CEMIT

Desde a Aula CeMIT explican que “hoxe en día e sobre todo no futuro, a administración electrónica será un punto clave nas nosas vidas na relación con calquera administración ou organismo. Falarase cun idioma fácil de asimilar e daranse as pautas para a súa correcta utilización”.

Publicada o

- Advertisement -

Seguindo coa serie de seminarios e cursos que se impartirán nos próximos meses na Aula CeMIT, do Concello de Ribadeo, o vindeiro venres, 1 de abril de 10:30 a 11:30 hora terá lugar outra charla na que se falará e introducirá a poboación sobre que é a administración electrónica.

Desde a Aula CeMIT explican que “hoxe en día e sobre todo no futuro, a administración electrónica será un punto clave nas nosas vidas na relación con calquera administración ou organismo. Falarase cun idioma fácil de asimilar e daranse as pautas para a súa correcta utilización”.

O prazo de inscrición comezará dende este venres, 25 de marzo, ata o 31 deste mes en horario de 09:00 a 14:00, nos teléfonos 982129 889 ou 982 120 732 e tamén no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal en calquera franxa horaria. As prazas son limitadas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...