InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo apraza o seu apoio ao peche patronal da hostalaría o...

ACISA Ribadeo apraza o seu apoio ao peche patronal da hostalaría o vindeiro luns

ACISA apunta ao acordo alcanzado entre o Goberno central o Comité Nacional de Transporte por Carretera.

Publicada o

Debido ao acordo entre o Goberno de España e o Comité Nacional de Transporte por Estrada, Hostalería de Galicia e, por tanto, Acisa Ribadeo, apraza o seu apoio o peche patronal de hostalería previsto para o vindeiro luns, 28 de marzo. Desde Acisa sinalan: “quedamos á espera de ver se as medidas pactadas producen efecto. Se ao final nada cambia na insostible situación que vive o noso sector, entendemos que se retomará esta posibilidade”.
Por parte de Acisa decidiuse “esperar ao martes para ver que medidas implanta o goberno para comercio, hostalería, servizos, … e se a Xunta amplía as anunciadas nas próximas semanas, para estes sectores. Todos eles sofren un aumento desmesurado nos seus recibos de luz e gas, aos que aínda non se puxo nin exposto solución algunha, e xustifican dabondo que se poidan tomar medidas de protesta coordinadas a e masivas”.
E engaden: “esperamos medidas que nos axuden a todos e que nos permitan traballar con normalidade e recuperar a tranquilidade perdida hai máis de dous anos. Ademais esperamos que de tomar a decisión de ir a un peche patronal sexa consensuada polas principais asociacións e aglutinando ao máximo posible de hostaleiros”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...