InicioOrientalRibadeoRibadeo acollerá este martes a primeira sesión formativa interterritorial organizada por "Un...

Ribadeo acollerá este martes a primeira sesión formativa interterritorial organizada por “Un mar en común”

Estas formacións interterritoriais – serán un total de 4 a celebrar nos próximos meses – pretenden fomentar tamén as relacións entre os membros dos 4 Grupos de Acción Local Pesqueira citados.

Publicada o

- Advertisement -

O Real Club Náutico de Ribadeo acollerá este martes 26 en horario de 12 a 14 horas unha xornada sobre Xestión Comunicativa. Será conducida polo experto en comunicación Roberto Pérez Marijuán.

A esta xornada poden asistir as entidades asociadas pertencentes a calquera dos GALP participantes no proxecto (Mariña-Ortegal, Golfo Ártabro Norte, Ártabro Sur e Ría de Pontevedra) mediante reserva de praza

O proxecto colaborativo de dinamización do tecido asociativo dos GALP, promovido pola Consellería do Mar a través do GALP Ría de Pontevedra, organizará 3 formacións máis nos próximos meses

O Real Club Naútico de Ribadeo – unha das 52 entidades asociadas do GALP A Mariña – será o encargado de acoller a xornada de Xestión Comunicativa a cargo do experto en comunicación Roberto Pérez Marijuán. Están convidadas a participar calquera das entidades asociadas a algún dos 4 GALP participantes no proxecto e só e preciso contactar co do seu territorio para solicitar praza. Estas formacións interterritoriais – serán un total de 4 a celebrar nos próximos meses – pretenden fomentar tamén as relacións entre os membros dos 4 Grupos de Acción Local Pesqueira citados. 

O proxecto, está estruturado en catro fases. Na primeira tiveron lugar preto de 80 entrevistas aos integrantes das asociacións que forman parte dos GALP para coñecer as súas opinións; na segunda tiveron lugar varias xornadas de formación/ interacción segundo as necesidades que trasladadas por cada grupo; na terceira, de formacións interterritoriais, estase a facer unha posta en común entre as entidades pertencentes aos diferentes Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e por último, na cuarta fase, publicaranse os resultados acadados durante a investigación e propoñerase un manual de boas prácticas que sirva de guía para manter a dinamización do tecido asociativo no futuro.

 

ÚLTIMAS

O futuro da Mariña: unha historia aínda sen argumento

Alcoa anunciaba que paralizaba a construción do forno de cocción de ánodos, un dos compromisos...

Alcoa seguirá adiante coa venda de San Cibrao ao rexistrar máis perdas millonarias: 237 millóns ata marzo

Alcoa, o maior produtor estadounidense de aluminio, rexistrou perdas por importe neto atribuído de 252 millóns...

Trabada solicita unha subvención para renovar a vivenda da Unitaria de Vidal

O Concello de Trabada solicitou unha subvención ao Instituto Galego de Vivenda e Solo...

Burela acollerá será a primeira fase da ximnasia rítmica Escolar, Promoción e Pre-Base

O Concello de Burela acollerá, no pavillón Vista Alegre, a Primeira Fase da Liga...