IniciosociedadeRibadeo reclámalle a Nutella que use o topónimo oficial das Catedrais nos...

Ribadeo reclámalle a Nutella que use o topónimo oficial das Catedrais nos seus envases

A marca corrixiu con "rapidez" o seu erro.

Publicada o

- Advertisement -

Nutella, unha marca que comercializa crema de cacao, empregou a imaxe da praia das Catedrais nos seus envases, pero ao non usar o topónimo oficial, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, dirixiuse á empresa cun escrito para solicitar que se “respectase” o nome do areal.

Segundo explica o Concello, ao cabo duns días recibiuse unha resposta “satisfactoria” á petición, polo que Suárez Barcia destacou a “rapidez” e valora a “sensibilidade” coas normativas legais.

“Vimos hai uns días esta campaña importante desta coñecida marca e valorámola positivamente, aínda que vimos con tristeza que nela non se respectaba a toponimia legal e oficial do nome da praia, polo que lles enviamos un escrito explicativo e solicitando amigablemente o importante de respectar os nomes de lugar na súa forma orixinal”, expuxo.

Ao cabo duns días, recibiuse unha resposta satisfactoria. “As Catedrais son As Catedrais, aquí e na Chinesa Popular”, salientou o rexedor, quen indicou que o envase xigante recibido, no que había bombóns e chocolates, foron doados ao hospital-asilo para que fagan “bo uso del os usuarios do centro, sempre que as súas condicións de saúde llelo permitan”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...