InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo reparte os premios dos premios de 100 euros na campaña...

ACISA Ribadeo reparte os premios dos premios de 100 euros na campaña do Día do Pai e do Día da Nai

Acisa Ribadeo segue recollendo fondos económicos para axudar á familia ucraína que chegaba o pasado 2 de maio á localidade.

Publicada o

- Advertisement -

Xa se coñecen os nomes das gañadoras da campaña do día da nai, da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.

Tras concluír o prazo para reclamar os premios do día da nai sorteados por Acisa Ribadeo, finalmente foron reclamados dous dos tres que estaban en xogo. Remedios Otero e Ruth Rodriguez, ambas as de Ribadeo, coas rifas 4947 e 3390 entregadas en Phonergy e Kids& Us, foron as gañadoras de 100 euros en vales de compra para gastar no comercio e hostalería asociada a Acisa. A outra papeleta, a 2112, tras non reclamarse o premio quedou anulada e declarouse deserto, tal e como indican as bases.

AXUDA SOLIDARIA

Acisa Ribadeo segue recollendo fondos económicos para axudar á familia ucraína que chegaba o pasado 2 de maio á localidade. Trátase dunha nova nai treintañera, que fuxiu da guerra xunto aos seus fillos e fillas de 2, 3, 4, 10, 11 e 14 anos.

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos puxo ao dispor dos ribadenses un número de conta para que poidan facer as achegas económicas que consideren. O xerente de Acisa, Jesús Pérez, insiste en que “toda axuda será benvida. Son 7 persoas que se están aloxando cun matrimonio ribadense, que necesitan comida, produtos de hixiene, cueiros para os bebés, roupa, calzado, material escolar, etc… todo o que calquera persoa precisa no seu día a día”. O número de conta é o seguinte: ES47 2080 0140 1530 4020 1283 de ABANCA. “Á hora de facer as achegas como concepto poñeremos Donativo familia ucraína en Ribadeo”, puntualizan desde Acisa. E engaden que “os donativos poderán facerse durante todo o mes de maio”.

A asociación ribadense tamén fai unha chamada á colaboración dos seus comercios asociados: “para que aqueles que queiran colaborar poidan calzado, mochilas, material escolar, alimentación, cueiros, etc… Nas nosas oficinas ofrecémonos para recollelo en horario de mañá e se non lles facilitaremos un teléfono de contacto para que o poidan facer chegar directamente a esta familia refuxiada ucraína”, explica Jesús Pérez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...