Ribadeo de Tapelo 2022 incluirá a I Gastro-Oca o 16 de maio

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, sinalou que “por fin esta fin de semana dá comezo o Ribadeo de Tapeo, que xa vai na súa décimo quinta edición, que se vai celebrar entre o 14 e o 22 de maio e no que participan 32 establecementos da hostalería da nosa vila".

Fernando Suárez e o edil de Turismo de Ribadeo, Pablo Vizoso, presentan «Ribadeo, prepara o teu camiño», un catálogo interactivo de servizos para o peregrino / Faro Norte

O Ribadeo de Tapeo 2022, que da comezo mañá, inclúe a I Gastro-Oca o 16 de maio a partires das oito e media da tarde. Para participar é preciso anotarse, segundo deu a coñecer o concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo.

Pablo Vizoso sinalou que “por fin esta fin de semana dá comezo o Ribadeo de Tapeo, que xa vai na súa décimo quinta edición, que se vai celebrar entre o 14 e o 22 de maio e no que participan 32 establecementos da hostalería da nosa vila. O prezo das tapas será este ano de 2 euros e, como novidade, tamén haberá tapas para vexetarianos e específicas para celíacos; precisamente con ese obxectivo traballamos en colaboración coa Asociación de Celíacos de Galicia”.

O edil ribadense explicou que “contaremos tamén coa proposta dos Soños Gastronómicos, na que 9 dos nosos establecementos hostaleiros ofrecerán descontos en estancias para poder gozar dunha excelente escapada gastronómica en Ribadeo. E tamén poderemos gozar das Sobremesas Culturais, con concertos, actividades na natureza e eventos culturais coma Letras no Campo. Ademais este ano para pandillas e grupos organízase a primeira Gastro-Oca, un xogo dirixido a maiores de 18 anos, composto de varias probas baseándonos no popular xogo de mesa A Oca e no que os equipos poderán ir superando proba tras proba para lograr un obxectivo. Esta Gastro-Oca dará comezo o luns 16 de maio ás 20:30 horas no Cantón dos Moreno e participarán equipos formados por entre 5 e 10 participantes como máximo. Para apuntarse deben contactar co correo electrónico turismo@ribadeo.org ou chamar á oficina de turismo a través do teléfono 982.128.689. O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de maio”.

Vizoso Galdo indicou que “toda a información relacionada co Ribadeo de Tapeo irase publicando en diferentes formatos e aplicacións, concretamente na páxina web tapeo.ribadeo.gal ou na app creada expresamente, Ribadeo de Tapeo, así como nas diferentes redes sociais”.

O concelleiro de Desenvolvemento Local tivo palabras de agradecemento para os participantes: “quero trasladar o agradecemento á hostalería de Ribadeo pola súa participación neste concurso porque sen eles sería imposible lograr o obxectivo e incluso facer o evento; e, por suposto, tamén quero agradecer os agasallos doados para os premios que se repartirán entre o público premiado”.

E animou a gozar deste evento gastronómico: “animo a todo o mundo, veciños e veciñas de Ribadeo e a quen nos estea escoitando, a visitar nos próximos días Ribadeo, cunha programación chea de actividades para disfrutar”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here