InicioOrientalRibadeoRibadeo pide unha axuda a Rede Natura para a recuperación ambiental iniciada...

Ribadeo pide unha axuda a Rede Natura para a recuperación ambiental iniciada no entorno da ría

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, sinalou que "isto forma parte do proxecto Life que empezamos hai moitos anos para a recuperación medioambiental".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo solicitou unha axuda á Rede Natura para seguir co proxecto de recuperación ambiental e mantemento iniciado hai anos no entorno da ría, no paseo das Aceas. O investimento ascenderá a máis de 18.000 euros e a zona de actuación ten unha superficie de 10 hectáreas, segundo deu a coñecer esta mañá o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz.  

O edil ribadense explicou que “hai uns días solicitamos unha axuda á Rede Natura para un proxecto de recuperación ambiental no entorno da ría de Ribadeo. Isto forma parte do proxecto Life que empezamos hai moitos anos para a recuperación medioambiental, co cal todo ese eucaliptal que rodeaba o entorno de A Vilavella e das Aceas converteuse nun paseo fermoso e que utiliza moitas persoas, incluso xente de fóra tamén”.

Díaz Freije sinalou que “adherímonos a unha subvención para dúas anualidades, 2022 e 2023, que comprende varias actuacións: retirada e control de especies exóticas invasoras, a adecuación e mantemento da senda peonil, a eliminación do lixo e de verteduras que poida haber e vanse instalar dous novos paneis informativos. Contará cun orzamento de 18.150 euros e a superficie de actuación é de 10 hectáreas”. Até a zona se desprazaron esta mañá o concelleiro de Medio Ambiente e o alcalde, Fernando Suárez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...