InicioOrientalRibadeoO IES Ribadeo Dionisio Gamallo realiza unha sesión da Euroescola con alumnado...

O IES Ribadeo Dionisio Gamallo realiza unha sesión da Euroescola con alumnado de bacharelato

O IES apunta que a súa tarefa como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo non rematou, quedan aínda proxectos e tarefas que completar.

Publicada o

- Advertisement -

Os grupos de 1º de Bacharelato do IES Ribadeo Dionisio Gamallo participaron o pasado venres día 20 dunha xornada da EUROESCOLA inaugurada ás 9:30 pola presidenta Roberta Metsola que saudou ás 7 escolas españolas que participamos no evento xunto a outras 90 de toda Europa. Un total de case 3000 alumnos e alumnas de 24 países nesta terceira sesión de EUROSCOLA deste curso.

Esta é segunda vez que o IES é convidado á EUROSCOLA das tres ocasións que se celebrou durante o presente curso. Nesta xornada os temas que traballaron foron presentados baixo o epígrafe “Oportunidades e riscos na era dixital”, e o alumnado podía intervir directamente a través da propia plataforma do Parlamento ou a través dunha plataforma de intercambio de comunicación para todas as escolas europeas.

Antes da reunión houbo unha charla de Luca Parmitano, un dos astronautas da Axencia Espacial Europea, que respondeu a todas as preguntas que o alumnado puido facer durante media hora que estivo no IES.

Na segunda parte da xornada, interviu Sonia Livingstone, profesora de Psicoloxía Social na London School of Economics & Political Science, que falou sobre redes sociais e ciberacoso, e animou a debater sobre o problema do acoso nos distintos aspectos da vida actual e nas distintas etapas da vida dos individuos.

A terceira parte do evento estivo dirixida por Markus Warasin, Director Xeral de Políticas Exteriores da UE, quen falou sobre ciberseguridade e infraestruturas críticas, desinformación e noticias falsas, e os problemas da Democracia na era dixital.

Para pechar o evento entrevistouse a Heidi Hautala, vicepresidenta do Parlamento Europeo, que tamén mantivo comunicación directa co alumnado que quixo intervir directamente ou enviou as súas preguntas mediante as canles establecidas.

O IES apunta que a súa tarefa como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo non rematou, quedan aínda proxectos e tarefas que completar e as compartiremos con toda a comunidade educativa como testemuña do traballo en pro dunha sociedade mellor

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...