InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo felicita aos gañadores de Ribadeo de Tapeo

ACISA Ribadeo felicita aos gañadores de Ribadeo de Tapeo

Desde Acisa sinalan: “estamos moi satisfeitos de que dous asociados nosos fosen elixidos polos clientes do concurso gastronómico Ribadeo de Tapeo como a mellor tapa e a mellor barra. Detrás dunha creación, detrás de días intensos de evento, hai moito traballo e iso é o que entendemos que premiou a xent".

Publicada o

- Advertisement -

Acisa felicita ao restaurante Mariñeiro, elixido como a tapa do público no Ribadeo de Tapeo 2022 e ao bar Queimada, que recibirá o premio á mellor barra.

Desde Acisa sinalan: “estamos moi satisfeitos de que dous asociados nosos fosen elixidos polos clientes do concurso gastronómico Ribadeo de Tapeo como a mellor tapa e a mellor barra. Detrás dunha creación, detrás de días intensos de evento, hai moito traballo e iso é o que entendemos que premiou a xente. Felicidades ao restaurante Mariñeiro e ao bar Queimada. Lembramos que a tapa deste último foi elixida polo xurado profesional como o 2º premio do Ribadeo de Tapeo 2022 e a do Alén, como a tapa de Ribadeo”.

E engaden: “animamos ás nosas asociadas e asociados a seguir participando nas edicións futuras, do mesmo xeito que ao resto de locais. O Ribadeo de Tapeo é unha actividade que dinamiza moito a hostalería local e que valoramos positivamente”.

RIBADEO INDIANO

“Dentro dos preparativos deste evento, tanto desde Acisa como desde o Concello animamos á hostalería local a ofrecer produtos e elaboracións gastronómicas típicas, co propósito de enriquecer aínda máis o evento. Hai poucos días abriuse o prazo para que a hostalería local presente as súas ofertas gastronómicas para que veciños e visitantes poidan gozar durante o Ribadeo Indiano de petiscos, racións, menús, cócteles, … típicos. A ficha de inscrición facilitada aos negocios de hostalería débese enviar antes do 24 de xuño a Acisa Ribadeo, C/San Roque 57 – baixo (info@acisaribadeo.es) ou á Oficina de Turismo, C/Dionisio Gamallo Ferros – (turismo@acisaribadeo.org)”, explican desde a xerencia de Acisa.

Jesús Pérez sinala: “como todos os anos, tamén animamos a participar do evento, decorando establecementos e caracterizándonos coa temática indiana, podendo como noutros anos tomar como referencia un país iberoamericano. Para iso desde Acisa entregarémoslles aos establecementos asociados un pack decorativo un par de semanas antes do evento para axudarlles. Conterá faroliños, banderines, tiras de flocos…. En definitiva, elementos decorativos gratuítos que lles servirán de complemento á decoración que cada un realice no seu establecemento”.

Desde Acisa lembran que: “poñemos ao dispor dos socios de forma gratuíta, bolsas para comercio e para hostalería (de comida para levar e de botellas), só teñen que indicarnos se están interesados nelas, para tamén un par de semanas antes do Ribadeo Indiano, poñelas á súa disposición”.

Hai uns días Acisa enviaba senllos comunicados ao comercio e hostalería asociada con toda esta información. O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Jesús Pérez, engade que “isto é só unha parte da achega que Acisa fai para cos seus socios dentro do Ribadeo Indiano, xunto con outras actividades que máis adiante presentaremos. Sen dúbida desde Acisa cremos que esta é unha boa razón para ser membro desta asociación, e por tanto animamos a todo aquel que poida estar interesado en informarse para asociarse”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...