InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo incentivará para empresas que contraten alumnado do Obradoiro...

O Concello de Ribadeo incentivará para empresas que contraten alumnado do Obradoiro Prepara o teu Camiño

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou “que o programa persegue ofrecer experiencia laboral ao alumnado que remata o período de formación e pode ser unha oportunidade para a súa incorporación no mercado laboral despois de 9 meses de formación”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello pon en marcha un programa municipal de incentivos para as empresas que contraten ao alumnado do obradoiro Prepara o teu Camiño. O período de solicitude estará aberto ata o 27 de xuño.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “o Concello pon en marcha un programa municipal de incentivos á contratación das persoas participantes do obradoiro dual Prepara o teu Camiño coa finalidade de facilitar a incorporación laboral, a empregabilidade das persoas participantes e facilitarlles unha posibilidade de adquirir experiencia no ámbito no que se formaron”.

O edil ribadense manifestou que “as empresas interesadas en contratar ao alumnado das especialidades de Xestión de marketing e comunicación e de Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos recibirán unha axuda de 1.500 euros por cada contratación. As contratacións deberán de ser a xornada completa e terán como mínimo unha duración de 3 meses”.

O concelleiro de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, dixo “que o programa persegue ofrecer experiencia laboral ao alumnado que remata o período de formación e pode ser unha oportunidade para a súa incorporación no mercado laboral despois de 9 meses de formación”.

E engadiu que “o período de solicitude estará aberto ata o 27 de xuño. E a contratación deberá estar directamente relacionada coas especialidades na que o alumnado se formou. Unha vez concedida a axuda ás contratacións deberán formalizarse entre o 14 de xullo e o 29 xullo, é dicir unha vez que finalice o obradoiro e como máximo 15 días despois do remate. As bases de convocatoria están dispoñibles no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo https://ribadeo.sedelectronica.gal/info.0 e se desexan máis información poden poñerse en contacto coa Área de Desenvolvemento Local”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...