InicioOrientalRibadeoO II Ribadeo Ilustrado finalizará este domingo día 12 despois de facer...

O II Ribadeo Ilustrado finalizará este domingo día 12 despois de facer un repaso por un período histórico importante para a vila

Esta cita coa historia do Ribadeo da Ilustración está organizada pola Concellaría de Turismo.

Publicada o

- Advertisement -

Coa inauguración da exposición “Amar a mar: Mariñas, Marosas e Maruxainas”, da Rede Museística Provincial de Lugo, deron comezo esta tarde as actividades do II Ribadeo Ilustrado este pasado martes.

No acto interviñeron o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, Encarna Lago, a xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, e Mª Carmen, unha percebeira de Rinlo que protagoniza xunto a outras quince mulleres da Mariña esta mostra. Concelleiros da Corporación Municipal e a deputada provincial Mónica Freire asistiron á inauguración da exposición.

O mércores día 8 tivo lugar no salón de plenos da Casa do Concello, que é o Pazo de Ibáñez, unha conferencia a cargo de Pegerto Saavedra Fernández, catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela que falou de Antonio Raimundo Ibáñez e Ribadeo: un empresario nunha vila dinámica. A continuación, as 20:30 horas, houbo unha representación teatral “Chegada á vila de Ribadeo do coronel do Rexemento Provincial de Mondoñedo, portador da proclama da Xunta Superior do Reino de Galicia.Declaración de guerra a Napoleón”. Correu a cargo do actor e guía turístico Suso Martínez. E ás 21:00 horas Os Quinquilláns Teatro ofreceron a representación Ribadeo Ilustrado.

O sábado 11 haberá dúas conferencias no salón de plenos da Casa do Concello: ás 11:30 horas o carpinteiro de ribeira Francisco Fra falará sobre A carpintería de ribeira e a navegación a vela en tempos do Marqués e ás 12:30 o director do Museo Casa natal Marqués de Sargadelos, Iker Nogales Astudillo, ofrecerá a charla titulada As orixes do Marqués de Sargadelos e formas de vida na comarca de Oscos no século XVIII.

Ademais de 17:00 a 20:00 horas na Praza dos Catro Canos haberá unha demostración do traballo artesanal das redeiras Cabo Burela e de 17:00 a 19:00 horas no Patín terá lugar unha demostración do traballo artesanal da tecelá María José Lois Vázquez. Tamén están programadas actividades para os nenos no parque de San Francisco: de 10:45 a 12:45 horas, obradoiro de monicreques a cargo de Mircromina Títeres, que ás 13:00 horas representará Vacacións no mar.

E o domingo 12 rematarán as actividades do II Ribadeo Ilustrado cunha visita á capela de San Francisco, fundada en memoria de Martínez Bengoechea, na Casa de Bengoechea de 12:00 a 14:00 horas; e nas Escaleiras de Martínez ás 12:30 horas o Grupo Fua ofrecerá un concerto de cámara. O Ribadeo Ilustrado está organizado pola Concellaría de Turismo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...