InicioOrientalRibadeoRibadeo ofrece un curso de cestería na escola de Covelas dentro do...

Ribadeo ofrece un curso de cestería na escola de Covelas dentro do Plan de Formación no Rural

Ata Covelas desprazáronse esta mañá os concelleiros de Medio Rural e Servizos Sociais, Marcos Villamil e Mónica Freire, que valoraron de xeito moito positivo “a demanda que tivo este curso de cestería. Seguramente fagamos outra edición o vindeiro mes de setembro”.

Publicada o

- Advertisement -

Preto de 20 persoas asisten na escola de Covelas a un curso de cestería de colmo con tireta de vimbio. Está a ser impartido por Lola Tourón, unha das cesteiras con mais renome de Galicia, de once da mañá a dúas do mediodía e de catro a sete da tarde. Ata Covelas  desprazáronse esta mañá os concelleiros de Medio Rural e Servizos Sociais, Marcos Villamil e Mónica Freire, que valoraron de xeito moito positivo “a demanda que tivo este curso de cestería. Seguramente fagamos outra edición o vindeiro mes de setembro”.

Para o curso de xardinería, que se celebrará o vindeiro 18 de xuño en Vilaframil aínda quedan prazas libres “polo que as persoas que desexen asistir poden inscribirse durante a semana chamando ao teléfono do Concello 982 128 650”.

Villamil e Freire indicaron que “desde o equipo de goberno seguimos traballando para darlle contido ás escolas da rede municipal de Ribadeo, organizando actividades e xornadas interesantes, dinámicas e proveitosas para a veciñanza do noso concello”.

Estes cursos forman parte do Plan de Formación no Rural do Concello de Ribadeo, que deu comezo o ano pasado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...