IniciosociedadeA defensa da muller de Ribadeo acusada de malos tratos animais pide...

A defensa da muller de Ribadeo acusada de malos tratos animais pide a libre absolución

"Esta señora tiña un can na casa, traballaba unha chea de horas na hostalaría e ao final púxose enfermou e morreu", sostivo.

Publicada o

- Advertisement -

A defensa dunha muller acusada de malos tratos animais tras morrer o seu can negou os feitos dos que se acusan á procesada, para a que reclama a libre absolución.

En concreto, a fiscalía pide ano e medio de prisión para esta muller cuxo xuízo se celebrou este martes no xulgado do penal número un de Lugo por uns feitos que se remontan a antes da pandemia, ao ano 2018, segundo concretaba o letrado Albino González.

Antes de entrar na sala, o letrado anticipou que pediría “a libre absolución da acusada”. “Esta señora tiña un can na casa, traballaba unha chea de horas na hostalaría e ao final púxose enfermou e morreu”, sostivo. A acusada, segundo a versión do seu avogado, tentoulle “dar saída a través dunha protectora e do concello, e ninguén se fixo cargo e ao final o can morreu”.

A muller “levouno despois ao veterinario, chegou ao veterinario e fixo un informe polo cal constataba que o can non estaba ben coidado e ben alimentado“, que sería polo que entende a acusación pública “que pode ser un delito por omisión (de socorro) e de torturar o can por negarlle o alimento”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...