O PP de Ribadeo pídelle ao alcalde o proxecto de rehabilitación do hospital vello

“Queremos coñecer o proxecto e traballar todos como corporación municipal, como levamos defendendo dende o inicio deste mandato. É importante traballar todos como corporación nos temas importantes da vila”, segundo manifesta o voceiro, Daniel Vega


O Grupo Municipal Popular de Ribadeo solicita ao goberno local a documentación sobre o proxecto de reforma integral do Hospital Asilo.

“Queremos coñecer o proxecto e traballar todos como corporación municipal, como levamos defendendo dende o inicio deste mandato. É importante traballar todos como corporación nos temas importantes da vila”, segundo manifesta o voceiro, Daniel Vega.

O Grupo Municipal Popular leva moito tempo esixíndolle explicacións ao goberno do BNG sobre a reforma integral do Hospital Asilo. Primeiro sobre a herdanza do doutor Moreda. Xa sabemos que hai parte dese diñeiro que se pode investir. Agora queremos coñecer o proxecto”, explica.

Sorprende que o goberno local lle esixa a outras administracións non se sabe moi ben o que porque dende hai moito tempo a Xunta xa dixo que ía colaborar economicamente”, segundo manifesta o voceiro popular.

Vega pídelle a “este goberno do BNG que non se cerre en si mesmo. Que traballemos todos como corporación en temas fundamentais como é o Hospital Asilo. Con espírito de colaboración levamos trallando dende o inicio do mandato, falamos da reforma integral, da herdanza do doutor Moreda e tamén falamos de que a Xunta ía a colaborar”.

“Non imos entrar en provocacións. Non imos contestar notas que queren provocar e non concretar algo positivo para o Hospital Asilo de Ribadeo”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here