A Garda Civil incauta catorce capazos con ostra recollida nunha área non delimitada en Ribadeo

Como consecuencia dos feitos, formuláronse catro denuncias, en virtude da lei de pesca de Galicia, pola extracción de marisco nunha zona prohibida.

21/06/2022 Pesca.- Incautados 14 capazos de ostra a unos mariscadores que faenaban en una zona no delimitada para ello en Ribadeo. Agentes del Seprona han incautado un total de 14 capazos de ostra a cuatro mariscadores que faenaban en Ribadeo (Lugo) en una zona que no estaba delimitada para la extracción. ECONOMIA ESPAÑA EUROPA GALICIA AUTONOMÍAS GUARDIA CIVIL

Axentes do Seprona incautaron un total de 14 capazos de ostra a catro mariscadores que faenaban en Ribadeo nunha zona que non estaba delimitada para a extracción.

Segundo informou a Garda Civil, ás 15,45 horas deste luns, recibiuse o aviso dun cidadán anónimo que avisou da presenza de mariscadores no dique da dársena do porto de Mirasol, en Ribadeo, lugar no que está “prohibido” faenar ou mariscar.

Personados no lugar, os axentes do Seprona identificaron a catro persoas, todas elas mariscadoras profesionais, que alegaron estar “autorizadas” pola administración para a extracción de ostra xaponesa.

Os axentes comprobaron que, aínda que tiñan autorización, a zona delimitada pola Consellería do Mar “non coincide” co lugar onde os mariscadores estaban a faenar, polo que os axentes aprehendieron o marisco, repartido en 14 capazos, que se depositaron na confraría de Ribadeo para a súa pesada.

Unha vez realizado, a balanza deu un total de 383.95 quilos de ostra xaponesa (Crassostrea gigas), que foi devolta ao medio, segundo dita a lexislación vixente, ás 11,00 horas do 21 de xuño, en presenza dun dos denunciados e un representante da confraría.

Como consecuencia dos feitos, formuláronse catro denuncias, en virtude da lei de pesca de Galicia, pola extracción de marisco nunha zona prohibida.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here